gmailO Gmail, o correo electrónico da Google, está desde hoxe dispoñible en galego e noutros doce idiomas, que se suman aos 58 cos que funcionaba até agora, polo que a empresa cobre lingüisticamente 94% da poboación da Internet.

No blog oficial da Google España destácase hoxe a incorporación á familia do Gmail non só do galego senón tamén do africáner, armenio, azerí (acerbaixano), chinés de Hong Kong, francés canadense, xeorxiano, khmer, laosiano, mongol, nepalí, cingalés e zulú.

Explícase que cada lingua ten os seus propios matices, polo que a empresa traballou estreitamente con tradutores especialistas de todo o mundo para dar sempre co ton e o estilo adecuados.

Por exemplo, en Hong Kong e en Taiwán utilizan a caligrafía chinesa tradicional, mais “Recibidos” escríbese de forma diferente, o que se debe ter en conta.

Os novos idiomas activados están xa operativos na versión web do Gmail e na versión para navegadores de dispositivos móbiles: para probalos, débese ir a “Configuración” e seguir os pasos para mudar o idioma da interface.

EFE.