O DOG publicou onte a orde das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicopu onte a orde que regula a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2015. A este fin a Consellería do Medio Rural e do Mar destina máis de 241.000 euros.

Estas axudas teñen como finalidade contribuír ao aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas e á modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal. Tamén contribuír á mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións e á optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

Poderán acollerse a estas axudas as Organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola Comunidade Autónoma que cumpran, entre outros requisitos o de carecer de ánimo de lucro e de estar oficialmente recoñecidas para a xestión do Libro ou Libros Xenealóxicos da raza ou razas autóctonas galegas, pola comunidade autónoma de Galicia.

Son accións obxecto de subvención a creación ou mantemento dos libros xenealóxicos e as que se deriven do desenvolvemento do programa de mellora oficialmente recoñecido para a raza. Estas axudas son compatibles con outras que para a mesma finalidade puidesen establecer outras Administracións públicas. Non obstante, a contía total da subvención non poderá superar un máximo de 60.000 € por raza.

Solicitudes
Os interesados en cursar a solicitude da axuda poderán consultar os requisitos e documentación a presentar na orde que publica hoxe o DOG e terán de prazo para presentala un mes contado a partir de mañá.

Deberán presentar a solicitude preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

También te podría gustar...