189171_a_1  

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se convocan para o 2015 as axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas.

A dotación total destas subvencións –financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA)– será de 8.027.730 euros para o período 2015-2018, coa seguinte distribución anual:

ANUALIDADE
IMPORTE
2015
2.760.632
2016
2.051.611
2017
1.715.487
2018
1.500.000
TOTAL
8.027.730

Poderán acollerse a estas subvencións as microempresas e pequenas e medianas empresas que produzan, comercialicen ou realicen ambos procesos respecto aos produtos vitivinícolas.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria, así como de toda a documentación solicitada, rematará o vindeiro 31 de xaneiro de 2015.