O Director Xeral de Calidade Ambiental confirmou que antes dun mes adxudicarase o selado do vertedoiro da Rúa
No transcurso dunha reunión mantida no día de onte en Santiago, o Director Xeral de Calidade e Validación Ambiental da Xunta de Galicia, Justo de Benito, confirmoulle ó alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal, que nunhas poucas semanas comezarán os traballos necesarios para o selado do vertedoiro de inertes do Polígono Industrial das Pedreiras. Unha obra presupostada en 475.000 € que serán facilitados pola Consellería de Medio Ambiente.
O Director Xeral asegurou que nos vindeiros días avaliarase a parte técnica dos distintos proxectos presentados, para, xusto a continuación, valorar o capítulo económico. O compromiso dos técnicos da Xunta é que no prazo dun mes esté adxudicada a obra e que, só uns días máis tarde, comecen os traballos no polígono da Rúa. Gabinete de Comunicación do Partido Popular da Rú