UNHA REFORMA MELLORA A ACCESIBILIDADE DO CENTRO DE SAÚDE DE SAN CIBRAO EN PONTE NOALLA

  • A asistencia sanitaria aos 2800 usuarios deste concello repártese entre os centros sanitarios de Ponte Noalla e San Cibrao
  • Un investimento de 12.000 euros permitiron realizar obras de reforma en Ponte Noalla mellorando súas instalacións

SERGASA responsable da Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense, Eloína Núñez, xunto co alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, visitaron onte o consultorio de Ponte Noalla, onde este concello ven de realizar unhas obras de mellora, nas que investiron preto de 12.000 euros,

As obras permitiron cambiar o acceso ao centro sanitario, dotandoo dunha rampla adaptada, o que mellora a accesibilidade ás instalacións, e habilitar unha nova área de admisión e cita previa, ademais de ampliar o espazo de almacenamento de material e mellorar a confortabilidade da zona de espera dos usuarios.

Os 2.800 usuarios con tarxeta sanitaria adscrita a este municipio, contan con dous centros sanitarios, este de Ponte Noalla, e outro en San Cibrao que, en conxunto, contan cun cadro persoal formado por dous médicos, dúas enfermeiras, unha matrona e un PSX (persoal de servizos xerais).

No que atangue a súa oferta asistencial, San Cibrao conta cunha carteira de avanzada de servizos de atención Primaria polo que, xunto coa asistencia básica de prevención e coidado da saúde, desenvolven directamente nos centros de saúde Cirurxía Menor e Programa da Muller. Este último centrado na súa atención integral, ao longo do proceso vital, atendendo ás distintas etapas do ciclo reprodutivo, incluíndo desde a planificación familiar ao seguimento do embarazo, como á prevención ou controis de saúde específicos da muller como prevención de cancro de mama ou de útero.