O Consello Reitor do Inorde elixe aos novos membros do período 2015-2019

Manuel Baltar, presidindo a reunión - INORDE

 

O Consello Reitor do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) celebrou hoxe sesión extraordinaria, presidida polo Rosendo Fernández, que incluía na orde do día a constitución do dito consello reitor para o período 2015-2019, a elección dos vicepresidentes primeiro e segundo, e as designacións de vogais para o consello e para a comisión executiva.

Ademais, na xuntanza deuse conta da liquidación do orzamento de 2014, que reflicte un aforro da conta de Resultados no exercicio de 2014 que ascendeu a 200.280 euros. Asemade, rexistrouse unha redución no gasto dun 18,37 % respecto da conta de resultados de 2013 e un aumento dos ingresos externos nun 25,93 %. Desta maneira, o resultado neto do exercicio 2014 tivo un saldo positivo de 136.986 euros. No mesmo apartado económico aprobáronse tamén as contas anuais de 2014.

En canto aos nomeamentos, o vicepresidente primeiro será Plácido Álvarez Dobaño, e a vicepresidenta segunda, Beatriz Tejada Jácome, que integrarán tamén, xunto co presidente, Rosendo Fernández, a Comisión Executiva xunto con Victoria Rois García, José Manuel Pérez Canal, Aurelio Gómez Villar e Ana María Méndez Gil.

No que atinxe ao Consello Reitor estará formado polo presidente, Rosendo Fernández; o secretario, Francisco Cacharro, e a interventora, Mónica Legaspi, xunto con Plácido Álvarez Dobaño, José Manuel Pérez Canal, Manuel Álvarez Gil, María Elena Rivo López, Alfonso Tomás Paz Doniz, Aurelio Gómez Villar, Lois Babarro Alén, Ana María Méndez Gil, José Prieto Pérez, Armando Ojea Bouzo, Ramiro Rodríguez Suárez e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez González.