• Adxudicou as obras, que ascenden a 53.000 euros e favorecerán a accesibilidade e mobilidade na Consistorial

 

DSC_0324O Concello de Viana acaba de adxudicar obras para á reforma Casa do Concello por valor de 53.900 euros. Así o deu a coñecer o alcalde, Secundino Fernández Fernández (BNG), quen detallou a importancia destes traballos para o municipio.

Explicou que estas obras teñen como fin principal dotar dun aparello elevador a Casa Consistorial para así favorecer a mobilidade e a accesibilidade ás oficinas administrativas e ao Xulgado de Paz e Rexistro Civil.

Ademais, aparte de dotar ó edificio municipal de ascensor, instalaranse novas fiestras e outros elementos que melloran o aillamento da edificación.

Tamén se realizarán adecuacións no interior para un mellor aproveitamentoe reordenación das instalación municipais.

Secundino Fernández puxo de manifestó que a financiación das obras corre a cargo da Xunta de Galicia cunha inversión de 35.000 euros e o Concello de Viana que, neste caso,  aporta os 19.000 euros restantes correspondentes a fondos municipais.

Estas obras eran unha das prioridades do gobernó local que preside Secundino Fernández e anunciadas tamén en meses anteriores pois revertirán nun mellor aproveitamento, funcionamento e accesibilidade á Casa do Concello.

DSC_0325