O Concello de Quiroga remitiu ao laboratorio especializado para a súa análise as mostras dos aceites participantes da XV Mostra do Aceite de Quiroga

XV Mostra do Aceite de QuirogaO Concello de Quiroga, organizador da XV Mostra do Aceite de Quiroga, que terá lugar o vindeiro día 16 de maio no Muíño de Bendilló, acaba de remitir as mostras dos aceites participantes ao laboratorio especializado para a súa análise química e organoléptica. O resultado das análises determinará se o produto, elaborado por os seis colleiteiros inscritos, é apto para acudir á mostra.

A maiores deste control de laboratorio, o  vindeiro día 10 de maio, ás 12:00 h realizarase unha Precata na Sala de Catas do Museo Etnográfico. A valoración sensorial das  mostras correrá a  cargo de expertos na materia e contará  coa presenza dos colleiteiros e membros da Comisión Organizadora.

Compre lembrar, que o propio día da mostra, recóllense mostras de xeito aleatorio do produto posto á venda nos stands e realizase unha Cata na Capela das Farrapas, sita no recinto da feira.

Todos estes controis,  tanto os  químicos coma os  sensoriais, que se realizan sobre o aceite de Quiroga que participa na feira, responden a un único obxectivo da Comisión Organizadora do evento que quere preservar e garantir  a boa calidade e as características distintivas do aceite de Quiroga.