O Concello de O Barco anuncia a convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Concello de O Barco

O Concello de O Barco anuncia a convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, segundo a Resolución do 19 de setembro 2014 tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de tel eformación

De acordo co previsto na Orde do 29 de abril de 2014 pola que se habilita e autoriza a Rede de centros para a modernización tecnolóxica de Galicia (rede CeMIT) para a formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, e dentro das actuacións e obxectivos do Plan de inclusión dixital de Galicia, anúnciase a convocatoria dun curso de preparación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

As persoas interesadas terán que ser usuarios/as da rede CeMIT do Concello do Barco (Praza do Concello nº 2, 2º andar) e abonar unha taxa de dereitos de exame, comezando o prazo de inscrición o 26 de setembro

Ver DOG 25 setembro 2014

También te podría gustar...