O Concello de A Rúa dará liberdade ós hosteleiros na Ruta das Tapas

alcalde ruaComo xa anticipabamos neste diario a semán pasada, o Concello de A Rúa, na persoa do seu alcalde, Avelino García Ferradal, indicaba que nesta edición da Ruta das Tapas daríaselle ós hosteleiros unha mayor liberdade á hora de realizar as mesmas e de por os precios de forma independente, non unha cantidade fixa para tódalas tapas. É unha decisión que semella que se vai a comunicar en breve ós establecementos participantes.

Esta novidade foi fruto do consenso acordado nunha comisión de Cultura celebrada o lúns da  semán pasada entre o goberno da localidade e o resto dos grupos municipais, na que tamén se falou do éxito colleitado na celebración da I Bacofesta no verán.

Nesta 4ª edición da Ruta das Tapas, agárdase superar ós 12 esteblecimientos que participaron na do ano pasado. Unha das cousas que tamén se trocou con respecto á edición anterior é que nesta non haberá o ‘Tapasporte’, xa que houbo algunhas queixas entre algúns dos hosteleiros participantes.

O Concello de A Rúa, en palabras do seu rexidor, ‘farase cargo da promoción deste evento gastronómico cando estén as datas fixadas’.

También te podría gustar...