O Colectivo 144 Irmaos dará unha ollada á Transición no Concello de Vilamartín

pancetada cultural 22

 

O Colectivo 144 Irmaos dará unha ollada á Transición no Concello de Vilamartín

Dende este colectivo, dentro do «1º ciclo de memoria, historia e cultura popular»continuan a desenvolver a súa actividade coa intención de dar a coñecer a nosa historia máis recente e dar unha serie de pinceladas sobre o que foi a transición política e no Concello de Vilamartín.

Hai tres semanas trataban a PAC e a TTIP, un tema global e agora voltan a baixar ao cercano e ao cotiá, con unha achega história á transición dende a perspectiva dunha persoa como Manolo Losada, destacado e referencia da vida política e social de Vilamartín nos finais dos setenta e toda a década dos oitenta até ben entrados os noventa.

Manolo Losada é un referente para todas as persoas de Vilamartín, en especial para os progresistas e as do ámbito cultural, implicado até a médula no devir político e cultural de Vilamartín, é unha referencia non só política, se non que tamén cultural do concello, xa que el foi o motor da asociación cultural Montouto que marcou, sen lugar a dúbidas, un fito na cultura popular de Vilamartín, por ser unha das ferramentas culturais máis útiles das que Vilamartín dispuxo.

Trátase pois, dunha ollada ampla sobre o que foi a transición política en Vilamartín, que non se limita soamente á política, xa que a democratización da sociedade, tamén arrastrou ás persoas á implicación en asociacións, unha democratización da cultura que, a día de hoxe, se ve mermada pola influéncia dos medios de comunición de masas e a homoxeneización, a globalización, que fai que a xente se esqueza do cotiá, do cercano.

Con esta actividade queren dar presenza a unha das persoas que foi un actor fundamental no devir de Vilamartín, tanto na resistencia política como na resistencia cultural e identitaria, os maios, os magostos e os entroidos son parte dun discurso das identidades. Por eso fan tanto énfase, na necesidade de tratar o global dende unha ollada cercana.