O Centro de Operacións da Conservación de Estradas Autonómicas na provincia de Ourense estará operativo este outono

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaAs obras do Centro de Operacións da Conservación de Ourense están na última fase, polo que estará en funcionamento este mesmo inverno. O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, visitou esta mañá as obras, ás que a Xunta de Galicia destinou 616.000 euros.

O director da Axencia, que estivo acompañado polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacou que neste centro aglutinaranse os medios da Axencia Galega de Infraestruturas e os efectivos que se inclúen a través dos contratos de conservación, polo que traballarán preto de 70 persoas entre persoal técnico e de coordinación, de conservación e de operacións, que contarán con 15 vehículos e 10 tipos de máquinas de vialidade invernal.

Este centro de operacións está situado no Concello de Ourense, na glorieta de intersección das estradas OU-101, OU-510 e a rúa Bieito Amado, polo que destaca o seu fácil acceso á contorna e ás vías principais de comunicación, que facilita un servizo axeitado para conseguir unha mellora permanente nas infraestruturas do entorno.

Proxectouse unha edificación nun único volume con planta baixa e primeira, destinando a planta baixa para uso industrial de almacén de materiais, vehículos e servizos complementarios e a planta primeira para uso de oficinas.

Máis de 120 millóns de euros para conservación
Francisco Menéndez salientou o esforzo que realiza o Goberno galego para o mantemento e conservación da rede de estradas autonómicas, que na actualidade suma máis de 5.300 quilómetros. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aprobou un orzamento de 122 millóns de euros, para asegurar a conservación ordinaria e a vialidade invernal da rede de estradas de titularidade da Xunta de Galicia nun período de catro anos.

Recordou que a conservación viaria é unha liña de acción prioritaria, e que consiste en levar levar a cabo actuacións de conservación e mantemento para garantir as mellores condicións nas estradas, máis alá de cando se rexistran episodios con climatoloxía adversa. As tarefas de conservación e explotación de estradas teñen por obxecto o mantemento do patrimonio viario en condicións adecuadas, de xeito que permita unha circulación o máis segura, cómoda e fluída posible.

Para conseguir estes obxectivos, a Administración Autonómica debe levar a cabo actuacións que perseguen facilitar ou facer posible a circulación en condicións de seguridade e fluidez (actividades de vialidade), e actividades destinadas a retrasar a degradación ou a corrixir impactos puntuais (actuacións de conservación ordinaria).

Recordou que este mesmo ano, a través da Sociedade Pública de Investimentos, licitouse o contrato destinado a manter a vialidade invernal e a acometer as tarefas necesarias de conservación ordinaria da autoestrada AG-53, entre o Alto de Santo Domingo e a A-52, e da autovía AG-54, de enlace coa localidade de Carballiño.

O director da Axencia explicou que a este contrato súmanse os sete para a conservación e vialidade invernal da rede autonómica de estradas que foron licitados (a finais do ano 2014) por un importe de máis de 116 millóns de euros para un período de catro anos. A rede viaria de titularidade autonómica a conservar neses sete contratos conta cunha lonxitude total de 5.337,67 quilómetros.

Ao igual que no caso do contrato relativo ás vías AG-53 e AG-54, as tarefas de conservación e explotación de estradas teñen por obxecto o mantemento do patrimonio viario en condicións adecuadas, de xeito que permita unha circulación o máis segura, cómoda e fluída posible. Para conseguir estes obxectivos, as administracións titulares das estradas levan a cabo, entre outras, unha serie de actuacións que perseguen facilitar ou facer posible a circulación en condicións de seguridade e fluidez (actividades de vialidade), e actividades destinadas a retrasar a degradación ou a corrixir impactos puntuais (actuacións de conservación ordinaria).