O CCU de Verín súmase en novembro á campaña da Xunta ‘Máis que comercio!’ premiando aos clientes que elixan o seu establecemento favorito

'Máis que comercio!'

 

O CCU de Verín súmase en novembro á campaña da Xunta ‘Máis que comercio!’ premiando aos clientes que elixan o seu establecemento favorito.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presentou hoxe en Verín a campaña de dinamización comercial Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolverá en novembro no centro comercial urbano da localidade, e que busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes.

As persoas que merquen nos comercios asociados ao CCU de Verín recibirán durante todo o mes un cupón por cada 5€ de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local, así como a diferentes agasallos, como vales de compra e diferentes produtos achegados polos propios comerciantes. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa recibirá un recoñecemento público ao seu labor.

SONY DSC

Martínez expuxo que esta iniciativa, desenvolvida pola Consellería de Economía e Industria,   percorre os diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano, “co obxectivo de resaltar os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade”.

Ao mesmo tempo, tal e como sinalou o delegado territorial, que estivo acompañada polo alcalde da localidade, Juan Manuel Jiménez, e o presidente do CCU de Verín, José Ángel Rodicio, “destácase o traballo que desenvolven os centros comerciais abertos”. Con referencia a esta fórmula de asociacionismo, Rogelio Martínez sinalou que permite “o desenvolvemento de estratexias comerciais e a prestación de servizos de forma conxunta no pequeno comercio para mellorar a súa competitividade”.

Rogelio Martínez lembrou que o impulso ao asociacionismo é un dos eixos da estratexia específica da Consellería de Economía e Industria de apoio ao comercio de proximidade, dentro da cal se inclúe o programa de axudas ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos, nas cales o CCU de Verín resultou beneficiado con apoios por máis de 39.000 euros.

 

También te podría gustar...