foto careto 2011

 

Dende o BNG de Vilamartín propoñen un debate a catro, con todos os cabezas de lista das candidaturas que concorren ás eleccións locais.

Consideran de vital importancia que se produza este debate, ante a necesidade de clarificar as posturas de cada una das organizacións e das listas que se presentan para as eleccións.

Teñen a certeza que este debate botará luz sobre os programas, sobre os cabezas de lista e sobre todo, axudará a que os veciños tomen unha decisión fundamentada á hora de votar.

Creen que é necesario que os cabezas de lista se expoñan ás preguntas dos e das xornalistas, dos e das veciñas, confrontar os programas e as persoas que os representan. Ter un debate claro e aberto, con luz e taquígrafo e ante a presencia dos e das veciñas, é algo totalmente necesario para poder aspirar a ter unha base crítica para exercer o dereito a voto con responsabilidade.

Ao tempo, procurar unha democracia de maior calidade implica respostar, propor e procurar resolver as dúbidas e contradicións que aboian cando se debate cara a cara.

 

Teñen en conta as esixencias dos veciños, para que se aclarare a política de pactos, en base a que establecerán, xunto cointerese en coñecer as preferenzas e as liñas de acción programáticas fundamentais para o futuro.

Dende o BNG Vilamartín queren botar luz sobre estes feitos, queren que as e os nosos veciños teñan ferramentas para exercer o voto con rigor e criterio, para que o futuro goberno do noso pobo.