O BNG esixe a construción dun pavillón para o CEIP Julio Gurriarán do Barco

la foto 1

O BNG esixe a construción dun pavillón para o CEIP Julio Gurriarán do Barco.

O BNG denuncia que os alumnos e alumnas do CEIP, Julio Gurriarán do Barco, teñen que utilizar o Salón de Actos do Centro para as clases de Educación Física, espazo que é compartido con outras actividades do Centro e que, por outro lado, non reúne as condicións apropiadas para un ensino de caldiade.Ao estar ocupado o Salón de Actos coas clases de Educación Física, as outras actividades do Centro teñen que desenvolverse ao aire libre, algo que no inverno case nunca é posible.

Por todo o anterior, o BNG esíxelle á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a construción dun pavillón deportivo para o CEIP Julio Gurriarán do Barco.

A política de recortes non pode ir en contra dun ensino de calidade. É de xustiza que o alumnado deste centro do Barco non se sinta marxinado.

la foto 2

También te podría gustar...