O BNG de Vilamartín esixe que a alcaldía leve a pleno o debate dun plan para a recuperación integral do Río Leira

BNGBNG de Vilamartín de Valdeorras, esixe que a alcaldía leve a pleno o debate dun plan para a recuperación integral do Río Leira. Non se trata de facer un desbroce ou simple limpeza do caudal, sino que sexa un plan integral no que implica que se teña en conta máis factores e actuacións, tamén a longo prazo.

Tamén piden que a alcaldía poña atención e tome as medidas pertinentes para velar pola integridade e coidado da natureza, nomeadamente o Río Leira e comunique e demande da Confederación Hidrográfica así como do SEPRONA unha especial atención e vixilancia sobre este río.

Todo esto o transmiten despois de ver que o Río Leira ten unha cantidade de sedimentos e de arrastres superiores ao que parece normal e dá a impresión que está a padecer unha serie de vertidos de sedimentos de procedencia descoñecida.

Indican que hai unha pasividade da Alcaldía polo coidado do medio natural do concello,e indican que é algo ao que xa nos ten afeitos, xa que o patrimonio cultural, natural e patrimonial sufre de seguido agresións e parece que algúns miran para outro lado’.

También te podría gustar...