BNG-150x150O BNG de Vilamartin convoca en asamblea aberta aos veciños mañán sábado día 13, na que se queren tratar os seguintes temas cos veciños:
  1. Informa e comentario sobre as propostas levada a cabo ao longo desta lexislatura
  2. Emigrantes retornados, propostas de apoio
  3. Propostas veciñais para levar ao Concello
  4. Liñas de traballo para as eleccións locais
Esta asamblea aberta en palabras do seu representante, Antón Rodríguez, Responsábel local do BNG quere que ‘no proceso de implicación e aumento da base de apoio do bloque, ante a necesidade de dar acoñecer as propostas que dende a nosa organización estamos a facer, debida á situación de desesctructuración que no noso concello estamos a vivir, con unha alcaldía máis preocupada de seus propios problemas que dos da cidadanía, cos líos internos do PP de Vilamartín, os amores correspondidos de APGa e a práctica inexistencia de unha oposición digna de tal nome’.
A cita será ás 20:00h en Santa Lucío Centro Social.
O BNG de Vilamartín convoca á veciñanza do Concello a asistir ás asembleas abertas para expresar as súas necesidades, as súas dúbidas, a facer as propostas que consideren necesarias para levar ao Concello.
 n
Antón Rodriguez fai fincapé en que ‘non esquecemos que o futuro electoral de Vilamartín está moi pouco claro, só se sabe que a alcaldesa pretende reeditarse como cabeza de lista de un PP máis dividido que nunca e que é o momento de bater con máis forza nun proceso de descomposición como o que está a sufrir’.
Por esto fan un chamamento aos e ás veciñas de Vilamartín a dar luz ás súas demandas, a que as súas propostas teñan voz.