O BNG de Viana do Bolo cuestiona a legalidade dunha adxudicación do alcalde

viana do boloO BNG de Viana do Bolo cuestiona a legalidade dunha adxudicación do alcalde, como unha posible irregularidade na concesión dun servizo.

Trátase dunha adxudicación sen publicidades por importe de 98.800 euros á firma Alpixendra S.L. que ten por finalidade a de atender a 10 persoas (260 horas/mes).

Esta firma recibirá esta cantidade polo servizo do programa individual de atención (PÍA), axuda no fogar. Todo fai indicar que no procedemento de adxudicación non houbo concurso público e aberto, polo que non poideron concorrir outras empresas libremente.

O nº de usuarios é 10 e o nº de horas por mes de atención son 260, máis o non facerse público, non poideron presentarse a este concurso empresas que xa se adican a prestar servizos similares ós demendados. Ademáis o importe presupuestato por hora pode ser cando menos dubidoso de estar acorde ás condicións de mercado.

También te podría gustar...