viana do boloAgora que chega o tempo de Entroido, o grupo do BNG da Viana considera que a organización da Festa da Androia 2014, debería de ser crrectamente detallada aos veciños e veciñas da localidad xa que os custes da mesma, cando menos poden resultar poco claros o seu entender, ‘planeando a sombra da corucción’ sobre os mesmos.

Un detalle no que se fai fincapé é no punto no que o servicio de camareiros desta celebración tivo maior coste que o recaudado pola venda de entradas, algo que non se concibe de moso sinxelo.

Desde o BNG de Viana do Bolo sempre se estivo a favor de fomentar os produtos mais emblemáticos da comarca, produtos que son un orgullo para as vianesas e vianeses e tamén unha fonte de beneficios económicos que poden conseguir postos de traballo no concello. Entre estes produtos destaca a androlla e a súa festa de exaltación que xunto co Entroido conforman un dos atractivos de Viana do Bolo nestas datas.

Pero consideram que outra cousa ben distinta é que esta promoción se converta nunha desculpa para que o actual alcalde, por decreto, ‘malgaste e faga desaparecer o diñeiro público, diñeiro das veciñas e veciños de Viana do Bolo en contratacións dubidosas a cargo da festa que todos queremos’.

Dende o BNG indican que na festa da androlla do 2014 cargáronse por parte da alcaldía unha serie de gastos desorbitados e escandalosos que para o BNG de Viana non teñen razón de ser:

  • Servizo Xantar a Paladium                       11980,10 €
  • Servizo Xantar a Mantesil S.L.U.             11990,00 €
  • TOTAL SERVIZO                                       23970,10 €

Este servizo de camareiros custou mais que o recadado pola venda de entradas. Ante esto dende o BNG preguntánse canto costou cada traballador nese día.

Non acaban aí os gastos desta festa. En total o BNG e despois de facer un pormenorizado análise dos gastos atribuídos a comida da androlla obtivo os seguintes resultados:

  • GASTO DA COMIDA OFICIAL      83737,85 €
  • Comensais (datos do concello)  aprox. 2000 (incluídos os participantes nos folións). Sae o prezo de cada comensal a 42 €
  • RECADACIÓN ENTRADAS       18040 €. Corresponden a 902 entradas (datos do concello)
  • DÉFICIT             65697,85 €

Dende o BNG fanse a reflexión de como é posíbel que ao concello lle saia cada comensal a 42 € e os restaurantes de Viana poñan ese mesmo menú por 20 € e gañen diñeiro.