• Militantes, simpatizantes e veciños da comarca de Valdeorras se xuntaron para cenar e disfrutar da música do componente de Fuxán Os Ventos

O BNG celebrou a Festa da Patria cunha romería no Campo de San Roque de A Rúa concentrando a militantes, simpatizantes pero tamén veciños da comarca de Valdeorras que quixeron sumarse a exaltación da nacionalidade galega.

A piques de escomenzar a romería da Festa da Patria

A piques de escomenzar a romería da Festa da Patria

A festa escomenzou co reparto de empanada, xamón asado, bica, viño e auga entre os asistentes dando vida a unha celebración na que a música a puxo Mini, o que foi compoñente da recoñecida agrupación Fuxan os Ventos.

O cantautor de Rubiá Anxo Rei con Mini

O cantautor de Rubiá Anxo Rei con Mini

 

Manuel Agra, responsable comarcal del BNG, recordou que as eleccións galegas están á volta da esquina e  dixo que o valdeorrés Suso Vilasánchez vai ser o número 2 da lista por Ourense e o propio músico Mini (Xosé Lois Rivas),  número 2 por A Coruña. E pediu os veciños que participen na campaña e se sintan nacionalistas.

Manuel Agra toma un anaco de empanada

Manuel Agra toma un anaco de empanada

 

Pola súa banda, a alcaldesa de A Rúa, María González Albert,  destacou a figura dos dous candidatos nacionalistas citados.  Dixo que o BNG le va algo máis dun ano gobernando A Rúa  con “moi boas sensacións, estamos tentando novas formas de gobernar e creo que a xente o está percibindo. Están mudando as cousas en A Rúa.  Facemos cousas por e para a cidadanía para que toda a xente poda disfrutar das melloras que se están introducindo no Concello. Creo que este ano temos unha oportunidade única para acadar que estas políticas se poidan levar á Xunta de Galicia “. Y quiso destacar la música de Mini ca súa experiencia persoal pois  “dende pequena sempre me acompañou, grababa cintas . É a voz da miña infancia eda miña adolescencia. É a voz da miña vida”.

Intervención de María Albert

Intervención de María Albert

 

Suso Vilasánchez, número 2 por la candidatura de Ourense ,  tamén pronunciou unhas palabras sinalando que “estamos a celebrar o día dunha Nación con máis de trece séculos; celebrando as voces das nosas aboas; celebrando formar parte dunha gran nación que foi quen de batirse cos románs, suevos e vikingos, con franceses e ingleses. Temos que estar orguiosos do que somos, un país cheo de xente de mil colores,  dunha nación que nin se fai en un ano, nin se rompe por decreto”.

Suso Vilasánchez, número 2 da lista do BNG por Ourense

Suso Vilasánchez, número 2 da lista do BNG por Ourense

 

Finalmente, Mini, antes de poñerse a cantar cunha voz inconfundible, nesta ocasión ca súa filla, Navia Rivas, valorou que Galicia para nós “é o curro onde nacemos, para nós e a xente que queremos, para nos é o país no que vivimos, a maneira de velo mundo”. Dixo que “¿por qué teño negar eu a fala que me deu a miña nai… ou os que amaban o seus país, que non sabían leer e que traballaban de sol a sol? Por iso son nacionalista, poresa xente que se lle trataba como ignorante e burro de carga, e tamén se lle despreciaba porque falaba algo distinto, falaba algo rarito. E nós somos raritos, somos galegos, e a moita honra”.

Mini e Navia escomenzan o concerto

Mini e Navia escomenzan o concerto

 

A romería discurriu nun ambiente cálido e todos pasaron un bó rato.

A romería en imaxes:

O Campo de San Roque empeza a encherse

O Campo de San Roque empeza a encherse

 

A alcaldesa de A Rúa

A alcaldesa de A Rúa

 

Carpa do BNG no Campo de San Roque

Carpa do BNG no Campo de San Roque

 

Cortando o xamón asado no Campo de San Roque

Cortando o xamón asado no Campo de San Roque

 

 

María Albert con Elena

María Albert con Elena

 

María Albert servindo empanada xunto a Vilasánchez

María Albert servindo empanada xunto a Vilasánchez

 

Mini e Navia

Mini e Navia

 

O artista Magín Blanco na festa

O artista Magín Blanco na festa

 

Os participantes á hora de degustar a empanada

Os participantes á hora de degustar a empanada

 

Participantes

Participantes

 

Preparando as empanadas

Preparando as empanadas

 

Sirviéndose empanada

Sirviéndose empanada