O BNG-Asembleas Abertas de Rubiá denuncia o estado de abandono no que se atopa a recollida de lixo no concello
O BNG-Asembleas Abertas de Rubiá denuncia o estado de abandono no que se atopa a recollida de lixo no concello. O lixo acomúlase nos contedores co conseguinte perigo para a saúde pública (olores…). Por outro lado, a imaxe que se dá do concello nestas datas de verán deixa moito que desexar. Rubiá ten a sorte de ter un Parque Natural no seu territorio, pero as nosas autoridades non son conscientes do que iso supón, de aí a falta de preocupación polo seu coidado e protección.
O BNG-Asembleas Abertas de Rubiá esixe que se poñan nos distintos lugares do concello os contedores suficientes para facer unha recollida selectiva do lixo para reciclar.