O 061-Galicia asistiu a 75 persoas por 61 accidentes de circulación durante a fin de semana

061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 75 persoas debido a 61 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 15 de maio ata as 23:59 horas do domingo, 17 de maio. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 24 accidentes rexistrados.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 61 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 75 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65 e 35 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 43 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 22 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

22
Lugo
9
Ourense
10
Pontevedra
20
Galicia
61

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 80. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a unha persoa, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 63 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dúas ocasións.

En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en catro ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas personas faleceron no lugar do sinistro.

También te podría gustar...