061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 68 persoas debido a 51 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 27 de febreiro ata as 23:59 horas do domingo, 1 de marzo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 23 accidentes rexistrados.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 51 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 68 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 53 e 47 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 38 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña
17
Lugo
9
Ourense
2
Pontevedra
23

Galicia

51

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 57 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dúas ocasións.

En 54 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro a pesar dos esforzos sanitarios.