O 061-Galicia asistiu a 59 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana

  • Dende as 15:00 horas do venres 26 de agosto ata as 23:59 horas do domingo 28 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 48 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 59 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 26 de agosto ata as 23:59 horas do domingo, 28 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o venres con 16 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 48 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 59 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65 e 35 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 33 por cento dos atendidos tiña entre os 40 e os 54 anos.

Por provincias foron A Coruña e Pontevedra as que rexistraron máis accidentes con 16 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

16
Lugo
7
Ourense
6
Pontevedra
16
Galicia
45

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 58. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 50 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres ocasións.

En 40 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 18 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

También te podría gustar...