O 061-Galicia asistiu a 133 persoas por 105 accidentes de circulación durante a ponte de Todos Os Santos

  • Dende as 15:00 horas do venres 28 de outubro ata as 23:59 horas do martes 1 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 121 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a ponte de Todos Os Santos a 133 persoas debido a 105 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 28 de outubro ata as 23:59 horas do martes, 1 de novembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o luns con 32 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 121 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 105 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 133 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60 e 40 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 33 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 51 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia Accidentes
A Coruña 31
Lugo 11
Ourense 12
Pontevedra 51
Galicia 105

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 144. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en 15 sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 104 sinistros e os sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 22 ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros.

En 115 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 16 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no punto.

También te podría gustar...