O 061-Galicia asistiu a 107 persoas por 69 accidentes de circulación durante a fin de semana

  • Dende as 15:00 horas do venres 5 de agosto ata as 23:59 horas do domingo 7 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 74 chamadas por accidentes de tráfico
Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 107 persoas debido a 69 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 5 de agosto ata as 23:59 horas do domingo, 7 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 34 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 74 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 69 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 107 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 e 42 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 36 por cento dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 29 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

20
Lugo
13
Ourense
7
Pontevedra
29
Galicia
69

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 92. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 77 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en dous sinistros.

En 94 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te podría gustar...