O 061 atendeu 67 persoas por 52 accidentes nesta fin de semana

061O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu 67 persoas como consecuencia de 52 accidentes de tránsito rexistrados nas estradas galegas nesta fin de semana.

A porcentaxe de homes foi de 59 por cento e a idade máis frecuente situouse na faixa de 20 a 39 anos.

As provincias con máis sinistros foron A Coruña e Pontevedra, con 23, mentres que Lugo e Ourense rexistraron 3 accidentes cada unha delas. EFE.

También te podría gustar...