Nova concentración para o vindeiro xoves do colectivo de emigrantes retornados no Barco

oncentración Colectivo emigrantes retornadosNova concentración para o vindeiro xoves do colectivo de emigrantes retornados no Barco.

Como todos os meses, o colectivo dos emigrantes retornados voltará este próximo xoves, día seis de novembro ás once horas, a concentrarse  fronte a delegación de Facenda do Barco de Valdeorras.

Agardan que os responsabeis de Facenda e o Ministerio tomen nota da manifestación que tivo lugar en Compostela e do empeño dos Emigrantes Retornados en que se faga xustiza, aínda que nese mesmo día a PP votou en contra da proposta que fixera o BNG para arranxar dunha vez por todas o tema deste colectivo.

Instan todas as persoas que se atopen afectadas e a seu entorno, a que se involucren nas actividades da Plataforma, que asistan ás concentracións así como ás charlas que se podan ir convocando.

Poñen de manifesto ante o Ministerio que nin cederán nin se van conformar co que consideran coma migallas que o Partido Popular pretende repartir, queren xustiza para súa situación xa que estiman que este colectivo pode chagar a afectar a 250.000 persoas eó en Galicia.

Desde o colectivo esixen a modificación da Lei 35/2006 para gozar trato igualitario, a devolución de oficio das multas, a devolución dos intereses e dos pagos nas declaración, o que suporía ser tratados como os demais pensionistas. Consideran que este é un problema debido a deficiente lexislació, co cal é un problema político e polo cal instan a todas as forzas políticas a poñerse do seu lado.

También te podría gustar...