Nova cita co deporte na VIII Andaina e o I Trail no Concello de Bande

1 1 1 1 1 1 1 1 Presentacin AndainaTrail Bande

 

Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, tivo lugar 9onte á mañá a presentación da VIII edición da Andaina e a primeira edición do trail que se celebrará o domingo, 9 de agosto, no Concello de Bande. No acto estivo presente o deputado de deportes, Juan Anta, o asesor de deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, o alcalde do Concello de Bande, José Antonio Armada Pérez e o técnico de deportes de Bande, Jorge Vázquez Álvarez.

Debido o éxito que ano tras ano e desde os seus inicios tivo a andaina, o domingo celebrarase a súa oitava edición e, por primeira vez, un trail por mor da gran demanda que existía para facer o trazado correndo, por iso o Concello de Bande acolle esta iniciativa, tal e como asegurou Jorge Vázquez durante a presentación.

A andaina conta cun percorrido de 20 quilómetros e a súa saída terá lugar ás 9 da mañá, mentres que o trail, dará comezo unha hora despois e ten unha extensión de 23 quilómetros aproximadamente. O punto de maior dificultade desta última proba aparece no quilómetro 14. Cada catro quilómetros os participantes dispoñerán de avituallamento.

Os interesados en participar neste evento poderán inscribirse no pavillón polideportivo do Concello de Bande ou a través da páxina web www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de agosto, pois tal e como aconteceu en edicións anteriores, son moitos os asistentes que se animan a participar nesta actividade deportiva o mesmo día da súa celebración.

Juan Anta, puxo de manifesto durante a presentación, que desde a Deputación de Ourense se aposta polo deporte e polos valores que a el se asocian como poden ser a saúde e o compañeirismo.

Pola súa banda, o alcalde do Concello de Bande recalcou que é un evento que empezou pouco a pouco, pero que co tempo se vai consolidando. José Antonio Armada destacou que ademais de ser un evento deportivo tamén resulta un atractivo turístico xa que, as actividades desenvólvense por paisaxes espectaculares da zona e polo patrimonio do Concello de Bande, exemplo disto atópase ao remate da andaina e do trail, no campamento militar de Bande. Este evento serve para achegar á xente o noso magnífico e descoñecido rural, asegurou o alcalde.