Nos últimos anos a Xunta destinou axudas para o I+D+i no sector vinícola por máis de 7 millóns de euros

evega_equipamentoAo longo dos últimos anos, a Xunta investiu máis de sete millóns de euros en axudas para a investigación no eido da produción vinícola en Galicia. Como resultado, un total de 75 empresas foron beneficiarias deste investimento. Así o salientou a conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana.

Na mesma liña, quixo dedicar unhas palabras ao labor da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Evega. Este centro leva apoiando ao sector vinícola galego máis de tres décadas a través de proxectos de investigación e estudos.

Para Rosa Quintana, a colaboración da Evega co sector é “unha obriga” e “unha devoción” que ten como resultado a “consecución de viños mellores, produto de estudo, da innovación e do traballo e visión de futuro”. Con este obxectivo, a Xunta convoca axudas para proxectos de I+D+i, apoiados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Coa idea de que este investimento se siga a realizar nos próximos anos, a conselleira anunciou na súa intervención que nos próximos días se resolverán os proxectos subvencionables deste ano. Deste xeito, poderase garantir que as empresas vinícolas galegas desenvolvan novos procesos, tecnoloxías e produtos como o presentado en Santiago hoxe.

También te podría gustar...