0 Doval e Gmez

O deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, e o alcalde de Ribadavia, José Ignacio Gómez, asinaron esta onte no Pazo Provincial un convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e o Concello de Ribadavia para a promoción e cofinanciamento da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia correspondente ás anualidades de 2015 e 2016. A Deputación de Ourense destina 35.000 euros para a XXXI edición da MIT- 2015 e a mesma cantidade para a XXXII edición da MIT-2016. A través deste convenio ambas institucións recoñécense como promotores conxuntos da celebración das anteditas edicións da MIT, impulsando a súa celebración dada a relevancia cultural a nivel provincial e autonómico que ten este certame sendo un evento consolidado de gran atractivo para o municipio, a comarca e a provincia.