Medio Ambiente inicia este mes a repoblación de anguía e salmón no tramo do río Tea, ao seu paso polo concello de Mondariz

A directora xeral de Conservación da Natureza mantivo unha reunión co alcalde de Mondariz. Autor: Xoán Crespo

A directora xeral de Conservación da Natureza mantivo unha reunión co alcalde de Mondariz. Autor: Xoán Crespo

A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, confirmoulle esta mañá ao alcalde de Mondariz, Julio Alén, que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas procederá este mesmo mes á solta angulóns de anguía europea e pintos de salmón atlántico, no outono, para conseguir unha recuperación deste tramo do río Tea, onde o pasado 1 de agosto se produciu un vertido accidental de sosa cáustica.

A directora de Conservación mantivo unha reunión de traballo co rexedor municipal, na que lembrou que se trata dunha das medidas avanzadas pola conselleira de Medio Ambiente durante a súa visita á zona afectada.

As soltas programadas destes exemplares pretende potenciar a repoboación natural daquelas especies, polo que no mes de setembro se procederá á solta de 25.000 individuos de angulóns de anguía europea, uns 10 kg aproximadamente, procedentes da Piscifactoría de Carballedo.

No caso dos pintos de salmón, recoméndase que a solta se realice en outono, no momento en que comecen as primeiras choivas. En total, soltaranse 7.000 pintos da estación da Freixa, en Ponteareas. Tellado Barcia destacou que dadas as características do tramo, cunha gran conectividade con outros tributarios e co mar, facilitarán a recolonización nos vindeiros anos.

También te podría gustar...