Manuel Baltar visita a mancomunidade de concellos da comarca de Ourense

1 1 1 2015 MB e mancom Ou

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe a mancomunidade de concellos da comarca de Ourense, onde se reuniu co seu presidente, José Manuel Fernández, alcalde de Paderne, e con alcaldes e representantes locais dos concellos que integran esta mancomunidade: Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Na reunión expuxéronlle ao presidente do goberno provincial as obras, proxectos e servizos que se están a planificar e desenvolver no ámbito da mancomunidade, relacionadas coas infraestruturas, a rede viaria, o medio ambiente e os servizos sociais, e analizáronse as iniciativas de cooperación que se están levando a cabo coa Deputación de Ourense.

Manuel Baltar informou que a Deputación de Ourense aprobou unha axuda para a compra de terreos co obxectivo de construír unha gardería infantil, e tamén que o ente provincial estuda executar unha obra para adaptar a estación de tren de Cantoña como sede da mancomunidade.

Asemade, Manuel Baltar e os representantes da mancomunidade falaron da orde de axudas específica para mancomunidades e concellos -unha novidade proposta polo presidente provincial- segundo a cal este ano a Deputación de Ourense achega este ano un total de 130.000 euros para a realización de actividades deportivas e organización de eventos deportivos. En concreto, no que atinxe ás actividades físico-deportivas aprobouse a convocatoria para a concesión de «subvencións a concellos e mancomunidades de municipios da provincia de Ourense», mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, coa finalidade de financiar actividades e programas deportivos no ano 2015, cunha dotación económica de 60.000 euros para eventos deportivos e programas deportivo recreativos.

As visitas que o presidente provincial está realizar polos concellos e mancomunidades da provincia de Ourense teñen como obxectivo coñecer in situ os proxectos que están a desenvolver os municipios, comprobar o bo nivel de execución das obras e servizos de carácter provincial e atender ás necesidades que plantexen para a mellora das condicións de vida dos veciños e da realidade socio-económica de cada municipio.

También te podría gustar...