1 1 1 1 1 MB e ximnastas 2015

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial ás deportistas ourensás Yolanda García e Sara Blanco, gañadoras do campionato de España de ximnasia acrobática na categoría absoluta, que se celebrou a pasada fin de semana en Marín. Na recepción tamén participaron o asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, e a adestradora das ximnastas, Isaura Hermida. Manuel Baltar felicitou a Yolanda García e Sara Blanco polo éxito acadado e destacou a importancia e a tradición que o deporte da ximnasia ten na provincia de Ourense, ademáis de felicitar ao Club Burgas por ter acadado tamén o subcampionato absoluto por equipos no Nacional de Acrobática.