Manuel Baltar recibe á ourensá Zulema González, primeira árbitra galega en categoría nacional

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial á ourensá Zulema González, a primeira árbitra galega na categoría nacional da Terceira División de fútbol.

Zulema González e Manuel Baltar

Zulema González e Manuel Baltar

O presidente do goberno provincial felicitouna polos éxitos deportivos e animouna a continuar progresando na carreira arbitral, destacando o orgullo que significa para a provincia de Ourense ter acadado este logro. A Zulema González acompañárona na visita o presidente do Comité Galego de Árbitros, Fernando Iglesias; o delegado en Ourense do Colexio de Árbitros, Claudio Cerdeira; o delegado da Federación de Fútbol en Ourense, Raúl Rois; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol en Ourense, José Manuel Fernández, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González. Zulema González, quen debutou na Terceira División o pasado domingo nun partido en Ribadumia, ten 23 anos e estuda Psicoloxía.

También te podría gustar...