1 1 1 1 1 1 1 MB e CEO jul15

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, clausurou hoxe a asemblea xeral ordinaria 2015 da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), nun acto que tivo lugar no Centro Cultural Afundación da capital ourensá. Xunto ao presidente dos empresarios de Ourense, José Manuel Pérez Canal, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño, o presidente do goberno provincial apelou á “reafirmar a idea de crer en Ourense”, sublimando que a institución provincial “mantén abertas liñas de colaboración coa entidade empresarial ourensán” e cuxa continuidade garantiu para os vindeiros anos. Citando a Thomas John Watson, presidente de IBM, Manuel Baltar dixo, referíndose ao mundo empresarial, que para ter éxito “tes que poñer o corazón nos teus negocios e teus negocios no corazón”.