Deputación Ourense

 

Mañán será a sinatura do convenio para a mellora de camiños a cargo da Deputación Provincial de Ourense.

Vai ser na sala de prensa do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense onde definitivamente vai ser a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación de Ourense para financiar actuacións do Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015. O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e da conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.