Mañán se asinará un convenio de colaboración de axuda ós pacientes no Hospital Comarcal de Valdeorras

Pancarta Hospital

A responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Eloína Núñez Masid, e a presidenta da Fundación Benéfica “Nuestra Señora de Fátima”, Virginia Daniela Arambillete, asinarán mañán un convenio de colaboración de voluntariado que permitirá dar unha resposta inmediata aos pacientes que, polas súas condicións socio-sanitarias, non poden retornar ao seu domicilio unha vez son dados de alta no hospital e precisan un aloxamento alternativo.

O sinatura será na Sala de Xuntas do Hospital Comarcal de Valdeorras.

También te podría gustar...