MeteoGalicia predí para mañá, 10 de xullo, continuarán entrando as altas presións desde o norte das Azores, o que dará lugar a ceos en xeral pouco nubrados ou despexados.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas, mentres que os ventos soprarán moderados, de compoñente norte.

As temperaturas nas principais localidades serán as seguintes:

A Coruña 12° 21°, Ferrol 12° 22°, Lugo 10° 21°, Ourense 13° 28°, Pontevedra 15° 26°, Santiago de Compostela 13° 22° e Vigo 14° 27°.

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento do nordeste, forza 2 a 3. Maraxe. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros.

Ferrol-Bares: Vento do nordeste, forza 3 a 4 de mañá e 3 a 5 á tarde e noite. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1,5 metros de mañá e 0,5 a 1,5 metros á tarde e noite.

Ártabro: Vento do nordeste, forza 3 a 4. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1,5 metros de mañá e 0,5 a 1,5 metros á tarde e noite.

Costa da Morte: Vento do nordeste de mañá e de noite e do norte á tarde, forza 4 a 5 de mañá e de noite e 4 a 6 á tarde. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1,5 metros de mañá e de tarde e 0,5 a 1,5 metros á noite.

Rías Baixas: Vento do nordeste de mañá e do norte á tarde e noite, forza 4 a 6 de mañá e de tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1,5 metros de mañá e 0,5 a 1,5 metros á tarde e noite.

EFE.