«Los Suaves» serán Medalla de Ouro da provincia de Ourense

  • O presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen recibiu hoxe en audiencia aos integrantes do grupo musical, afirmou que son os mellores embaixadores de Ourense no ámbito musical.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe en audiencia no Pazo Provincial aos integrantes e ao representante do grupo musical «Los Suaves» a quen, avanzou, «se lles outorgará a Medalla de Ouro da provincia de Ourense», e cualificounos como «os mellores embaixadores de Ourense no ámbito musical».

00 MB y Suaves

O grupo, que nestes momentos se atopa facendo a súa derradeira xira, recibiu o ofrecemento do presidente do goberno provincial «para que estes 35 anos de música de Los Suaves rematen cun concerto na nosa provincia, para o que contarán coa colaboración da Deputación de Ourense co fin de acoller un gran evento que realce a súa traxectoria e que sirva para vencellar a este grupo musical de Ourense para sempre coa súa provincia».

Manuel Baltar confirmou que no vindeiro mes de novembro levarase ao pleno da Corporación Provincial unha iniciativa para instruír un expediente que terá como obxectivo a concesión da Medalla de Ouro da provincia de Ourense. «Trátase dun recoñecemento á súa traxectoria, á súa personalidade musical e a súa permanente identificación con Ourense, presumindo de ourensáns aló por onde van».

También te podría gustar...