RiadaCidada_LISTA_B

RiadaCidada_siluetas

A continuación detallámosvos a lista de candidatos que Riada Cidadá presentará ás próximas Eleccións Municipais do 24 de maio para o Concello de O Barco.
Todos os compoñentes da candidatura foron elixidos de forma democrática entre todos os membros da Asemblea de Riada Cidadá e comprométense a cumprir o código ético de esta formación e a defender o seu programa electoral, elaborado coas achegas de todos os integrantes da Asemblea.
Con esta candidatura integradora, Riada Cidadá intenta dar resposta ás necesidades dos distintos sectores sociais que conforman do Concello de O Barco. En próximas datas informarán dos detalles máis significativos do seu programa, baseado en tres eixes fundamentais:

– Unha exhaustiva auditoría da situación financeira do Concello para conseguir unha mellor redistribución do orzamento municipal, orientado a fins sociais.
– Remunicipalización de todos os servizos públicos que estean xestionados por empresas privadas, comezando pola xestión do abastecemento do auga, así como a ORA e o lixo.
– A prioridad é impulsar unha política activa de participación cidadá no goberno municipal, para que o papel dos veciños non se reduza ao mero exercicio do voto cada catro anos.

Lista de Candidatos de Riada Cidadá:
  1. Félix García Yáñez. 61 anos. Historiador.
  2. Pedro Manuel González García. 54 anos. Deseñador gráfico.
  3. Marta Díaz Rodríguez. 44 anos. Persoal laboral da Xunta.
  4. José Pâradelo Pombo. 55 anos. Persoal laboral da Xunta.
  5. María Teresa Villar Rodríguez. 44 anos. Traballadora da lousa.
  6. Ángel Palacio Vaquero. 56 anos. Enfermeiro.
  7. José María Rodríguez Martínez. 50 anos. Empresario industrial.
  8. María del Rosario Álvarez Álvarez. 71 anos. Ensinante.
  9. Juan Miguel Olmo Serrando. 57 anos. Carpinteiro.
  10. María Emilia Pérez Teijeiro. 56 anos. Persoal laboral da Xunta.
  11. José María Rubio Santano. 55 anos. Técnico de telefonía.
  12. María del Carmen Acuña Álvarez. 47 anos. Coidadora.
  13. Ramón Ríos Vázquez. 36 anos. Médico cardiólogo.
  14. Olga Espino López. 34 anos. Enfermeira.
  15. María del Carmen Postigo Herranz. 54 anos. Analista clínico.
  16. José Luis Arias Núñez. 53 anos. Ensinante de Filosofía.
  17. Aitor Insunza Núñez. 24 anos. Historiador.

Suplente 1: Carmela Docampo Paradelo. 55 anos. Ama de casa.

Suplente 2: Rodrigo Domínguez Rodríguez. 25 anos. Artista plástico.