Licitación das obras de mellora de saneamento e abastecemento en Seadur, no concello de Larouco

saneamento Larouco

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou o concello de Larouco para presentar o proxecto das obras de mellora no saneamento e abastecemento no núcleo de Seadur, que suporán un investimento de 430.000 euros e cuxa licitación vén de publicar hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Martínez estivo acompañado nesta visita polo alcalde do municipio, Joaquín Prieto, e a xefa territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Victoria Núñez.

Actualmente o núcleo de Seadur abastécese unicamente da auga proveniente dun depósito regulador de 50 m3 que se atopa en mal estado. Segundo informou Rogelio Martínez, co fin de solucionar este problema, proxéctase a instalación dun novo depósito de 100 m3, situado a 200 metros do depósito actual. Deste punto partirán dúas tubaxes, a primeira en polietileno, cunha lonxitude de 196 metros, conectará o novo depósito coa tubaxe de entrada do depósito existente; a segunda será de distribución da auga a todo o núcleo, tanto nos eixos principais da rede como nos secundarios empregarase tubaxe de polietileno, cunha lonxitude total de 2.640 metros.

A rede de saneamento actual tamén presenta diferentes carencias, polo que se renovará a rede mediante un total de 3.038 metros de tubaxe de PVC de 250 mm de diámetro e dividida en 18 treitos, que recollerá as augas do núcleo e conduciraas ata a estación depuradora de augas residuais (EDAR).

Na rede de pluviais só se mellorarán os tramos onde sexa necesario, proxectándose a substitución de 6 treitos. A lonxitude total da tubaxe é de 640 metros.

Rogelio Martínez subliñou que a A Xunta de Galicia, mediante a execución deste tipo de actuacións, pretende garantir a subministración de auga en calidade e cantidade á poboación. Ademais, a renovación da rede de abastecemento evitará perdas de auga e evitará filtracións ao medio, optimizando o funcionamento da depuradora e mellorando a calidade dos recursos hídricos.

También te podría gustar...