Lembramos que hoxe ás 19h A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu Concerto de Nadal dende a Colexiata de Xunqueira de Ambía

1A A A A RBO nadal 14

 

Lembramos que hoxe ás 19h A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu Concerto de Nadal dende a Colexiata de Xunqueira de Ambía.

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ofrecerá este ano o seu tradicional «Concerto de Nadal» dende a Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía (Ourense), un evento musical no que se homenaxea nesta ocasión á cantareira Corona Borrajo e que contará coa colaboración da cantante María do Ceo. Será hoxe 27 de decembro, ás 19.00 horas. Así o confirmou hoxe Xosé Lois Foxo, director da Real Banda e da Escola Provincial de Gaitas, no acto de presentación do concerto, que tivo lugar no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o bispo de Ourense, Leonardo Lemos; a cantante María do Ceo; e o alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes.

Foxo dixo que este concerto «é unha mostra de dignificación do instrumento senlleiro de Galicia, como é a gaita» e aproveitou a ocasión para anunciar que no decurso do concerto lle será entregada a María do Ceo a Medalla de Ouro da Real Banda «polo seu traballo e colaboración a prol da música tradicional e sinaladamente pola súa colaboración coa Real Banda de Gaitas».

También te podría gustar...