Lembramos Asamblea Aberta no Barco do BNG para o lunes 29

Asamblea Aberta do BNG do BarcoLembramos que dentro do marco do proceso «Construíndo futuro», o BNG convoca unha Asemblea Aberta mañán luns, 29 de setembro, ás 20h., no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Barco.

O BNG abre este proceso para responder de maneira moito máis forte ao ataque sistemático aos dereitos sociais e ao retroceso democrático.

Nesta Asamblea Aberta queren procurar ofrecer fórmulas de relación que lles permitan escoitar as mensaxes da cidadanía de xeito directo e constante. Trátase de establecer espazos de colaboración estables, reivindicando a participación continuada na vida pública e a aposta pola dignificacón da política e a necesidade de autoorganización.

Por todo isto, convidan a cidadanía de Valdeorras a participar nos debates destas asembleas abertas.

También te podría gustar...