2

 

Jesús Prieto Pérez, encabeza a candidatura do Partido Popular a alcaldía de A Pobra de Trives.

O Programa Electoral do Partido Popular da Pobra Trives para as eleccións municipais 2015, indican dende esta formación que é unha decidida estratexia de futuro para o seu municipio.

O Programa Electoral recolle un conxunto de oportunidades que farán posible a base de compromiso, traballo, responsabilidade, transparencia e coherencia. Para iso, desenvolven un conxunto de propostas cuxo obxectivo principal non é outro que consolidar ao municipio como un dos máis importantes da provincia.

Reforzar os servizos públicos mellorando substancialmente o funcionamento da Administración Local é o primeiro paso, para, posteriormente, cunha estrutura sólida, fomentar o crecemento das empresas da zoa cun obxectivo claro, crear emprego, factor indispensable para fixar a poboación e desenvolver economicamente a Bisbarra.

“Todos somos Triveses”, e como este proxecto é de todos e para todos, invitámosvos a impulsar o noso modelo de pobo dinámico e innovador, exercendo o voso dereito de participación nas urnas. Todos xuntos conseguiremos o obxectivo principal, “Recuperar Trives”.

Descargar programa electoral completo

1