Interesante Xornada Informativa ‘Emprendendo dende a Rede’ en Manzaneda o pasado sábado

Emprendendo dende a rede

 

O pasado sábado tivo lugar no concello de Manzaneda unha moi interesante Xornada Informativa ‘Emprendendo dende a Rede’ en na que os participantes poideron ver as facilidades e oportunidades que a Internet facilita para empreder proxectos empresariais así como poder sacarlle o maior partido ao mundo 2.0

Dende ás 19:00 horas tivo lugar no Concello de Manzaneda a Xornada Informativa «Emprendendo dende a Rede», da man da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a través da Rede Galega de Dinamización Xuvenil.

Tiña como obxectivo facer un achegamento ás posibilidades que ofrece a rede á hora de por en marcha unha actividade profesional.
A Xornada centrouse na creación e uso de blogues para dar a coñecer proxectos (claves dun blogue, potencialidades para vender o proxecto…) e no sistema de financiación de «Crowdfunding» (financiación colectiva: tipos, exemplos…).

Foi unha enriquecedora Xornada á que acudiron ao redor de 20 persoas de Manzaneda e arredores, que mostraron o seu interese pola temática prantexando diversas dúbidas e cuestións.

También te podría gustar...