Inorde, Cámara de Comercio e Incyde poñen en marcha un novo programa de creación de empresas e autoemprego

Foto: Deputación Ourense

Foto: Deputación Ourense

 

Según indicou onte a Deputación Provincial de Ourense, Inorde, Cámara de Comercio e Incyde poñen en marcha un novo programa de creación de empresas e autoemprego no marco do Plan «Transforma Ourense» no que a Deputación coopera nesta iniciativa dirixida especialmente a emprendedores dos sectores do mel e da lousa e a empresarios que queiran consolidar o seu negocio.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co director xeral da Fundación Incyde, Javier Collado, e o presidente en funcións da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, presentaron hoxe o novo programa para emprendedores que poñen en marcha as tres institucións, dirixido á creación e consolidación de empresas e o autoemprego. No marco do Plan «Transforma Ourense» a institución provincial colabora e coopera nesta iniciativa que vai dirixida especialmente a emprendedores dos sectores do mel e da lousa e a empresarios que queira consolidar o seu negocio.

A duración do programa será de oito semanas consecutivas a un promedio de 40 horas semanais e o número máximo de participantes será de 25 alumnos. Os obxectivos deste programa enmárcanse dentro das premisas de Europa 2020, a nova estratexia da UE que prevé a formación de persoas facilitando a súa incorporación ao mercado de traballo. Os contidos que abrangue o curso están relacionados con temas de consultoría e dirección de proxectos, marketing, comercialización, aspectos financeiros e xurídicos relativos ás empresas e temáticas de calidade, prevención de riscos laborais e medio ambiente.

Manuel Baltar dixo que da cooperación das tres institucións: Inorde, Incyde e Cámara de Comercio nace esta iniciativa que o que pretende «é favorecer a competitividade na provincia de Ourense impulsando proxectos de emprendedores que poidan facerse realidade e que contribúan a reactivar a nosa economía».

Pola súa Banda, Juan Carlos Parada destacou que ao longo dos últimos tres anos a Cámara de Comercio contribuíu a facer realidade os proxectos de máis de 300 emprendedores e empresarios, e no que atinxe ao programa hoxe presentado sinalou que xa son vinte os alumnos inscritos. Finalmente, Javier Collado afirmou que o éxito deste proxecto nace da colaboración entre institucións e destacou o feito de que a idade media dos emprendedores neste programa é de 33 años e que o 40 % deles son mulleres.

También te podría gustar...