Informe do secretario xeral da Deputación de Ourense sobre a prohibición de contratación para as persoas xurídicas participadas polos deputados provinciais

Depu_150_100O secretario xeral da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro Gosende, ven de emitir un informe sobre a prohibición de contratación para as persoas xurídicas participadas polos deputados provinciais, en relación á sociedade mercantil Abrea Cuquejo, S.L., na que o deputado provincial Luciano Rivero Cuquejo ten unha participación social do 16,66 %, non sendo administrador de dita sociedade.

As conclusións do informe sinalan que con carácter xeral, “están incursas en prohibición de contratar coa Deputación Provincial tanto as persoas xurídicas administradas polos deputados ou deputadas provinciais como as persoas xurídicas nas que os deputados ou deputadas provinciais teñan unha participación superior ao 10 % do capital social”. Asemade, o informe destaca que a sociedade mercantil Abrea Cuquejo S.L. “está incursa en prohibición de contratar coa Deputación Provincial de Ourense dende o 11 de xullo de 2011, ao estar participada nun 16,66 % por un deputado provincial”, e que non obstante o anterior, “a xuízo desta Secretaría Xeral, a facturación ilegalmente realizada por esta empresa á Deputación debeuse a un erro administrativo, sen que existan, en principio, responsabilidades legais derivadas deste feito”.