Deputación Ourense

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura mañá xoves, ás 9.30 horas, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” o Foro “Presente e futuro do termalismo de Ourense”, que contará coa participación dos expertos José Carro, presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, e Julián Tejerizo, xefe da Área de Termalismo do Imserso, e ao que asistirán representantes dos ámbitos institucional, académico e empresarial da provincia de Ourense e do norte de Portugal.