Horario ampliado do cementerio e normas específicas ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos en Monforte

  • Dende o Equipo de Goberno danse a coñecer as normas específicas que rexirán o funcionamento do Cemiterio Municipal os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro. O seu horario ampliarase de 9:00 a 20:00 horas, de xeito ininterrompido
  • Para o control de accesos abriranse distintas portas para a entrada e a saída das persoas, e o aforo máximo rebaixase ó 50% da súa capacidade, establecéndose nun máximo de 400 persoas
  • Dende o Concello, recórdase a todas as persoas que acudan estes días o Cemiterio que é necesario polo ben de todos, seguir as normas ditaminadas polas autoridades sanitarias, especialmente no referido á distancia de seguridade interpersoal e no uso obrigatorio de máscara

 

O Equipo de Goberno do Concello de Monforte ven de dar a coñecer as condicións específicas de uso do Cemiterio Municipal pola pandemia do Covid-19 ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos. En concreto estas medidas aplicaranse especialmente os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro.

Sendo coñecedores, como é tradición, de que nestas datas a afluencia de persoas ó cemiterio municipal é a máis elevada do ano, dende o Concello de Monforte decidiuse a ampliación do horario de apertura para estes 3 días, que será de 9:00 a 20:00 horas, de xeito ininterrompido.

Establecese un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar ou que sexan convivintes. A duración das visitas deberá ser o máis breve posible e en ningún caso, deberá ser superior a 30 minutos.

Do mesmo xeito, o Concello abrirá distintas portas para a entrada e a saída das persoas, a fin de evitar que coincidan moita xente a vez nun mesmo acceso. Para elo, tanto persoal municipal como efectivos da Policía Local, encargaranse do control de aforos e velarán polo cumprimento dos protocolos sanitarios establecidos.

Neste senso, o aforo do Cemiterio, estimado en 800 persoas, será rebaixado ó 50% da súa capacidade, polo que o seu aforo máximo será de 400 persoas. Para controlar o cumprimento deste aforo, o persoal ubicado nos accesos de entradas e saídas, computará en todo momento os movementos de persoas.

Do mesmo xeito, o recinto adaptarase para este aumento previsto de visitas e crearanse circuítos diferentes tanto para a entrada e saída ó Cemiterio, como no tránsito dentro do mesmo, para o cal se establecerán rutas distintas de tránsito que estarán delimitadas por vallas, e co fin de que non se cruce a xente dentro deste recinto.

Dende o Concello tamén se establecerán as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal (alomenos 1,5 m.) nas instalacións así como a utilización de medidas alternativas de protección física, especialmente incidindo no uso obrigatorio de mascara.

Finalmente, no caso de que se tivera que levar a cabo nestes días o enterramento ou despedida para cremación dalgunha persoa falecida, o aforo máximo restrínxese a un máximo de 25 persoas.

O Concello recorda a todas aquelas persoas que acudan ó Cemiterio nestes días, que deberán seguir respectándose as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19. Neste senso, todas estas medidas adoptadas polo Concello ante estes días tan especiais seguen as recomendacións establecidas especificamente pola Dirección Xeral de Saúde Pública.

Para elo, haberá carteis informativos nos principais puntos de acceso ó Cemiterio, así como sinais específicas que indicarán os percorridos a seguir dentro do recinto, e o persoal municipal tamén informará das normas específicas que todos os asistentes deberán seguir a fin de previr posibles contaxios polo Coronavirus.

 

También te podría gustar...